O novo plan forestal e a (des)consideración da paisaxe
Published in Crítica Urbana, 2024
Abstract
Despois de varias décadas de ostensible expansión dos eucaliptais, o novo Plan Forestal de Galicia estableceu como indicador de seguimento unha redución do 5% da cobertura forestal con eucaliptos. Sen entrar na avaliación da efectividade desta norma, que aquí non corresponde, trátase da primeira vez que se verbalizan directrices destinadas á rebaixa dos eucaliptais no país. Xorde aquí unha pregunta obrigada: a que puido deberse esta presunta nova orientación?